Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33457

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal.

En cumprimento do establecido no artigo 2.2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, faise público que mediante a Resolución da Presidencia do Consello Municipal de Deportes de Ourense se aprobou a oferta de emprego público, extraordinaria para a estabilización de persoal temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 123, do 31 de maio de 2022, nos seguintes termos:

1º) Aprobar a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal temporal do Consello Municipal de Deportes, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, co seguinte contido:

I. Prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de estabilización de persoal temporal:

A) Prazas ocupadas por persoal funcionario interino con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

3 Conserxes de instalacións deportivas do Consello Municipal de Deportes. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de cometidos especiais. Categoría: conserxe de instalacións deportivas do CMD. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Persoal funcionario.

B) Prazas ou dotacións ocupadas antes do 1 de xaneiro de 2016 por persoal laboral indefinido non fixo declarado por sentenza:

1 Monitor deportivo do Consello Municipal de Deportes. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de cometidos especiais. Categoría: monitor deportivo do Consello Municipal de Deportes. Subgrupo C1. Persoal laboral fixo.

II. Proceso selectivo: o proceso selectivo para a cobertura das prazas incluídas nesta oferta de emprego público será, en todos os casos, o de concurso, ao abeiro do establecido na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

As bases reguladoras do proceso selectivo serán obxecto de negociación a través da Mesa Xeral de Negociación. En todo caso, os méritos obxecto de valoración no concurso deberán ter relación coas funcións que correspondan ás prazas convocadas no Consello Municipal de Deportes.

2º) Ordenar a publicación deste acordo no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, facendo constar que contra este as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses. Os prazos indicados contaranse de data a data a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán interpoñer calquera outro recurso ou acción xudicial ou administrativa que consideren oportuna.

3º) Notifíqueselles aos interesados coa indicación de recursos sinalada no punto anterior.

Ourense, 1 de xuño de 2022

José Mario Guede Fernández
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense