Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdido

ANUNCIO da convocatoria e das bases de selección para o acceso a unha praza de oficial de servizos varios en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 75, do 21 de abril de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para o acceso a unha praza de oficial de servizos varios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia ou no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdido.

Cerdido, 21 de abril de 2022

Benigno Galego Castro
Alcalde