Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baralla

ANUNCIO de corrección de erros da aprobación da oferta de emprego público, con carácter extraordinario, para o ano 2022.

Detectado un erro no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 99, do 24 de maio de 2022, polo que se anuncia a aprobación da oferta de emprego público, con carácter extraordinario, para o ano 2022, procédese a facer a seguinte corrección:

Na páxina 30597, no cadro onde se detallan as prazas e, en concreto, nas prazas de auxiliar administrativo do programa de axuda a domicilio e auxiliar administrativo da Oficina de información xuvenil e biblioteca, no punto de réxime xurídico, onde di: «Laboral fixo», debe dicir: «Funcionario».

O resto do anuncio permanece nos mesmos termos.

Baralla, 31 de maio de 2022

Miguel González Piñeiro
Alcalde