Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdido

ANUNCIO da convocatoria e das bases de selección para o acceso a unha praza de administrativo/a, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 75, do 21 de abril de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para o acceso a unha praza de administrativo/a, pertencente á escala de administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e/ou no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdido.

Cerdido, 21 de abril de 2022

Benigno Galego Castro
Alcalde