Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33177

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade do Salnés

ANUNCIO da oferta de emprego público excepcional para a estabilización do emprego temporal.

Por Decreto da Presidencia, do 31 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público excepcional para a estabilización do emprego temporal da Mancomunidade do Salnés, segundo o previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. En cumprimento da citada resolución, procédese á publicación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal da Mancomunidade do Salnés, pola que se ofertan as seguintes prazas: 

Persoal laboral:

Vacantes

Praza

Grupo

Antigüidade

Sistema de acceso

Observacións

1

Psicólogo/a CIM

I

2012

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Avogado/a CIM

I

2012

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Orientador/a-coordinador/a PIE

I

2015

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

2

Orientador/a PIE

I

2018

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Orientador/a laboral

I

2020

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

2

Administrativo/a xeral

V

2016/2019

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Auxiliar administrativo/a

VII

2019

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

2

Peóns ambientais

VIII

2019

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato descontinuo

4

Operador/a retroescavadora

VIII

2014/2015

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

2

Operador/a retroescavadora

VIII

2018

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Condutor/a camión/tapador/a de fochas de asfalto

VIII

2013

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Condutor/a camión/tapador/a de fochas de asfalto

VIII

2018

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Operador/a motoniveladora

VIII

2013

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Operador/a motoniveladora

VIII

2017

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Operador/a tractor rozadora

VIII

2015

Concurso (D.A. 6ª Lei 20/2021) 

Contrato fixo

1

Peón especialista velutina

VIII

2018

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato descontinuo

1

Condutor/a camión velutina

VIII

2018

Concurso-oposición (artigo 2 Lei 20/2021) 

Contrato descontinuo

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal da Mancomunidade do Salnés.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Mancomunidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Cambados, 31 de maio de 2022

Marta Giráldez Barral
Presidenta da Mancomunidade do Sálnes