Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33175

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de publicación da rectificación da oferta de emprego público 2022.

No Boletín Oficial da provincia núm. 90, do 11 de maio de 2022, publicouse a rectificación da oferta de emprego público para o ano 2022, correspondente á taxa de reposición de efectivos e da quenda reservada a persoas con discapacidade, publicada no Boletín Oficial da provincia do núm. 52, do 16 de marzo de 2022.

En relación cos erros advertidos de transcrición na referida oferta de emprego, con respecto á denominación, clasificación ou número de prazas, mediante a Resolución do 4 de maio de 2022 rectificouse nos termos que a seguir se sinalan:

Na relación de prazas da quenda libre:

Na epígrafe clasificación e número de prazas, onde di: «técnico/a medio de xestión tributaria: 2», debe dicir: «técnico/a de xestión tributaria: 1».

Inclúese, no seu lugar, a seguinte praza:

Gr.

Denominación praza

Clasificación

Sistema de acceso

C1

Técnico/a auxiliar de telecomunicacións

Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar

1

Oposición libre

Na quenda libre, na praza de técnico/a auxiliar en educación nocturna, do grupo C1, onde di: «clase técnico/a medio/a», debe dicir: «clase técnico/a auxiliar».

Na relación de prazas da quenda reservada a promoción interna:

Inclúese unha terceira praza de administrativo/a, clasificada no grupo C1 da escala de Administración xeral, subescala administrativa, de forma que na epígrafe relativa á denominación e número de prazas, onde di: «administrativo/a: 2», debe dicir: «administrativo/a rama tributaria: 3».

Na praza de administrativo/a do grupo C1, onde di: «escala Administración especial», debe dicir: «escala de Administración xeral».

Na praza de técnico/a auxiliar de maquinaria do grupo C1, onde di: «clase persoal de oficios», debe dicir: «clase técnico/a auxiliar».

Pontevedra, 12 de maio de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior,
Economía, Facenda e ORAL