Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33179

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

2ª addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a construción de tres novas plantas de biorresiduos.

Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT_UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

O 27 de xullo de 2021 asinouse entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) un convenio de colaboración para a axuda para a construción de tres novas plantas de biorresiduos. O 10 de setembro de 2021 as partes asinaron a addenda 1 co obxecto de actualizar o orzamento da planta de Vilanova de Arousa. Modificación das cláusulas terceira. Financiamento e contía máxima da subvención, sexta. Prazos de realización das actuacións subvencionadas, oitava. Xustificación das actuacións subvencionables, novena. Pagamento da subvención, décimo segunda. Entrada en vigor e duración, así como do anexo 1. Construción de plantas de tratamento de biorresiduos.

7.1.2022

Non supón incremento do convenio inicial. Convenio inicial: 25.000.000,00 €.

2ª addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a construción de seis plantas de transferencia de residuos urbanos en Galicia. Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT_UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Modificación das cláusulas primeira. Obxecto do convenio, terceira. Financiamento e contía máxima da subvención, sexta. Prazos de realización das actuacións subvencionadas, oitava. Xustificación das actuacións subvencionables, novena. Pagamento da subvención, e décimo segunda. Entrada en vigor e duración, así como do anexo 1. Construción de plantas de transferencia de residuos urbanos.

7.1.2022

Non supón incremento do convenio inicial. Convenio inicial: 5.000.000,00 €.

Convenio de cooperación entre Concello da Lama e a Sociedade Galega do Medio Ambiente para a xestión da microplanta de transferencia integrada no punto limpo da dita localidade.

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello da Lama e Sogama para a xestión da microplanta de transferencia de titularidade municipal que se atopan dentro das instalacións do punto limpo da dita localidade e que teñen a condición de bens de dominio público e servizo público.

12.1.2022

23.750 €

Convenio de colaboración empresarial relativo a actividades de interese xeral entre Sogama, S.A. e o Concello de Ordes.

Este convenio ten por obxecto disciplinar a colaboración de ambas as institucións dentro do sector público para a consecución de parte da dotación necesaria para amoblar o centro sociocomunitario Isabel Zendal.

17.1.2022

12.000 €

Convenio de cooperación entre o Concello da Lama e a Sociedade Galega do Medio Ambiente para a realización das obras relacionadas co ambiente na contorna do concello.

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello da Lama e Sogama para contribuír ao financiamento das obras de mellora e pavimentación de camiños municipais, segundo proxectos técnicos elaborados polo enxeñeiro industrial David Pujales Lorenzo, obras que constitúen un servizo público á poboación do concello en que se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade de Sogama, e que terán incidencia directa na mellora do tráfico e, polo tanto, na redución de emisións contaminantes.

3.3.2022

150.000 €

Convenio de cooperación entre Sogama e a Deputación Provincial de Ourense para finalizar a II Campaña provincial de compostaxe doméstica na provincia de Ourense.

Constitúe o obxecto deste convenio regular as condicións de financiamento para completar a realización da II Campaña provincial de compostaxe doméstica e, polo tanto, levar a cabo as actividades que quedaron pendentes de executar a causa da COVID-19: a formación dos participantes e o seguimento da iniciativa.

25.4.2022

15.638,65 €

Cerceda, 9 de maio de 2022

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A.