Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 32968

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2022 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 5 de maio de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 31 de decembro de 2021 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro de 2022), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 5 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), concedéronse as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I da citada resolución.

O artigo 19 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG, de acordo co artigo 19.2 da convocatoria.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias ás axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2021 que se indican a seguir:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Data de renuncia

ED481D-2022-015

USC

Montero

Ferrer

Carmen

Non asinou contrato

ED481D-2022-004

USC

Salas

Sánchez

Aarón Ángel

Non asinou contrato

Segundo. Conceder unha axuda á entidade e persoa candidata da lista de espera das universidades do SUG que se indica a seguir:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota

ED481D-2022-002

USC

Benítez

Trinidad

Carlos

Artes e Humanidades

75,00

Terceiro. Declarar extinguida a lista de espera.

Cuarto. A data de comezo do contrato é o 16 de xuño de 2022.

Quinto. Redistribuír o crédito destinado á Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento destas axudas segundo as renuncias e a nova incorporación:

Aplicación

orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

Total

10.20.561B.444.0

USC

11

200.472,20

429.000,00

228.527,80

858.000,00

10.20.561B.744.0

77.000,00

110.000,00

88.000,00

275.000,00

Total USC

277.472,20

539.000,00

316.527,80

1.133.000,00

Sexto. A entidade beneficiaria deberá achegar un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e vinculará a persoa seleccionada aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades