BDNS (Identif.): 631074.
De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
O alumnado que no curso académico 2022/23 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.
Segundo. Obxecto
Regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23 (código de procedemento ED306A).
Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes
1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:
a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2022 (este incluído).
2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 6 e o 14 de setembro de 2022, ambos incluídos.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades