Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32860

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fornelos de Montes

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal (expediente 131/2022).

Mediante Decreto de Alcaldía deste concello nº 79/2022, do 26 de maio, aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria do Concello de Fornelos de Montes para a estabilización do emprego temporal, conforme as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, co seguinte detalle:

a) Prazas que cumpren os requisitos do artigo 2 da Lei 20/2021:

Persoal laboral fixo:

Denominación

Grupo

Número de prazas

Xornada

Auxiliar administrativo servizos sociais

7

1

Xornada parcial

Auxiliar de axuda no fogar

10

2

Xornada completa

b) Prazas que cumpren os requisitos da disposición adicional 6ª da Lei 20/2021:

Persoal laboral fixo:

Denominación

Grupo

Número de prazas

Xornada

Axente de emprego e desenvolvemento local

2

1

Xornada completa

Auxiliar de axuda no fogar

10

3

Xornada completa

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Fornelos de Montes, 26 de maio de 2022

Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde