Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32862

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a sete prazas de administrativo/a e unha praza de director/a da gardaría municipal, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e de persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación desas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 299, do 31 de decembro de 2021, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Decreto nº 11448/2021, do 22 de decembro: sete prazas de administrativo/a, escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: concurso oposición. Quenda: promoción interna.

Este decreto foi rectificado polo Decreto nº 2896/2022, do 17 de marzo, publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 72, do 29 de marzo.

De igual xeito, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 83, do 11 de abril de 2022, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Decreto nº 3478/2022, do 28 de marzo: unha praza de director/a da gardaría municipal, escala de administración especial, subescala técnica, clase media, grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 3 de maio de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza
de Economía e Recursos Humanos