Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32808

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se amplia o prazo para resolver o concurso convocado pola Resolución do 14 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2022 (DOG do 28 de marzo) convócase concurso público para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado con vinculación non permanente nas figuras de profesorado axudante doutor e profesorado asociado. Na norma 1.5 do citado concurso establécese que o prazo máximo para a resolución do concurso será de 3 meses contados a partir da data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, prazo que remata o 28 de xuño de 2022.

A dita convocatoria inclúe un total de 118 prazas distribuídas en 98 concursos, que precisan, con carácter previo á actuación das comisións de selección, dun traballo administrativo de preparación das solicitudes e de revisión da documentación acreditativa dos méritos alegados polos aspirantes, o que require unha forte dedicación de recursos e tempo.

Á vista do estado actual dos traballos administrativos previos á actuación das comisións de selección, e tendo en conta que estas deben dispoñer dun tempo axeitado para desenvolver as súas actuacións, considérase necesario ampliar o prazo máximo previsto para a resolución completa da convocatoria.

Por esta razón, esta reitoría

RESOLVE:

Único. Ampliar ata o día 29 de xullo o prazo máximo para resolver os concursos convocados pola Resolución do 14 de marzo de 2022 (DOG do 28 de marzo), pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado con vinculación non permanente nas figuras de profesorado axudante doutor e profesorado asociado.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022, DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado