Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32806

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria.

Mediante Resolución do 18 de febreiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 43, do 3 de marzo), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de Servizo de Atención Primaria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos de coordinador/a de Servizo de Atención Primaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés aos aspirantes seleccionados, relacionados no anexo I.

Segundo. O/A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 25 de maio de 2022

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación de prazas de coordinador/a de Servizo Atención Primaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés:

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Servizo/unidade

Sanmartín Chapela, Cristina

***9746**

S-A2-357

Coordinador/a Servizo Atención Primaria

A Parda (Pontevedra)

Vázquez Domínguez, Noemí

***7504**

S-A2-357

Coordinador/a Servizo Atención Primaria

Bueu (Pontevedra)

Cuerdo Cotón, Evaristo

**0560**

S-A2-357

Coordinador/a Servizo Atención Primaria

Lérez (Pontevedra)

Ningún/ningunha aspirante presentado/a

...........

S-A2-357

Coordinador/a Servizo Atención Primaria

Ponte Caldelas-A Lama (Pontevedra)

Rico Padín, Mª del Carmen

***3493**

S-A2-357

Coordinador/a Servizo Atención Primaria

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro