Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de maio de 2022 polo que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a liquidación definitiva de gastos por execución subsidiaria da orde de demolición no expediente IU1/141/2009.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 5.4.2022 ditou resolución do recurso de reposición contra liquidación definitiva de gastos por execución subsidiaria da orde de demolición ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística con referencia IU1/141/2009 ao interesado con DNI 33189772J.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística