Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de maio de 2022 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 24 de xuño de 2021 de imposición de multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/49/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de abril de 2022, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 24 de xuño de 2021 pola que se impón unha multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/49/2013.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ás persoas titulares do documento nacional de identidade número 33243962S e 78796930B, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística