Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de abril de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Rodríguez Pascual y Cía, S.L. de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Cesantes, soterrado e somerxido con tubaxes para o desenvolvemento da actividade de captación de auga de mar e vertedura (expediente 13-25-22-C2).

Rodríguez Pascual y Cía, S.L. solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Cesantes con tubaxes para o desenvolvemento da actividade de captación e vertedura de auga de mar.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de abril de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur