Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2022/008-3).

Mediante a Resolución do 28 de abril de 2022, desta xefatura territorial, concedeuse a autorización administrativa de implantación para as instalacións de carácter provisional que teñen a finalidade de permitir a reforma do parque de MT existente, que se pasará integramente a tecnoloxía blindada dentro do mesmo edificio e segundo o proxecto que se describe a seguir.

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Diego Berguño Suárez, colexiado núm. 4290 do COIIAS, con visado núm. 20220153V do 8.2.2022 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, número 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: subestación San Ciprián-blindaxe de MT.

Situación: concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 1.839.302,00 €.

Características técnicas:

– Blindaxe do parque de 20 kV mediante a instalación de 27 novas posicións blindadas tecnoloxía GIS, celas illadas en SF6, das que 17 son posicións de liña (3 de reserva), 4 posicións de transformador (T-I, T-II, T-III e unha de reposto), 2 posicións de transformador de SS.AA., 2 posicións de acoplamento transversal de barras, 2 posicións de acoplamento lonxitudinal de barras, ademais de 2 módulos de medida da tensión de barra.

– Dotación de 2 novos transformadores de SS.AA. de 20/0,42 kV e 160 kVA de potencia aparente.

– Recuamento dos circuítos das liñas a 20 kV ás novas posicións blindadas e conexión dos trafos de potencia existentes T-I e T-III ás celas proxectadas mediante cables unipolares RHZ1-2OL(S) 12/20 kV Cu 1×630 mm2 + H16.

– Sistema de protección, control, comunicacións e medida.

– Desmantelamento do actual parque a 20 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de 2 anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución, prazo no que se producirá a caducidade da autorización administrativa de implantación outorgada para a migración da subestación ás instalacións provisionais con carretóns móbiles, iso en conformidade coa letra c) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 11 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense