Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Alcaldía deste concello, do 13 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente á/ás praza/s que a seguir se apuntan:

Prazas conforme o previsto no artigo 2 da Lei 20/2021:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Vacantes

Denominación 

Sistema de acceso

8

Encargado instalacións deportivas-socorrista

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello da Merca, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao seu dereito.

A Merca, 27 de maio de 2022

José Manuel Garrido Sampedro
Alcalde