Mediante Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 14 de decembro de 2021 e BOE do 21 de febreiro de 2022), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas vacantes da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, unha pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.
Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela