Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32441

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza vacante da categoría profesional de técnico/a superior de tecnoloxías da información e das comunicacións.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de decembro de 2021 (DOG do 17 de decembro de 2021 e BOE do 21 de febreiro de 2022), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de tecnoloxías da información e das comunicacións pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela