Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e de construción da instalación solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes que Kishoa, S.L. promove no concello de Chantada (Lugo).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Kishoa, S.L. en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 14 de xullo de 2020, Kishoa, S.L. solicita a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes de 300 kW de potencia nominal (409,40 kWp), situada sobre un inmoble pertencente a Customdrinks, S.L.U., no concello de Chantada (Lugo).

Segundo. Con data do 18 de marzo de 2021, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo informou favorablemente a autorización administrativa previa e de construción da instalación solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes. As características técnicas principais da instalación son as seguintes:

– Instalación solar fotovoltaica sobre cuberta para autoconsumo con excedentes, non acollida a compensación, de 300 kW de potencia nominal (409,40 kWp), formada por 920 módulos solares fotovoltaicos de 445 Wp por unidade, marca Longi, modelo LR4-72HPH 445M, con 5 inversores Huawei SUN2000-60KTL-M0 de 60 kW por unidade. Conéctase á rede interior dun consumidor compartindo infraestruturas de conexión á rede de distribución.

Terceiro. Con data do 6 de agosto de 2021 e 8 de febreiro de 2022 requíreselle a Kishoa, S.L. documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento. A empresa achegou a documentación requirida con data do 19 de agosto de 2021, 15 de decembro de 2021 e 15 de febreiro de 2022, incluíndo un contrato de promoción de planta de autoconsumo e subministración de enerxía eléctrica asinado o 3 de decembro de 2019 entre Kishoa, S.L., como produtor, e Customdrinks, S.L.U., como consumidor, mediante o cal a primeira sociedade vai promover unha planta solar fotovoltaica acollida á modalidade de autoconsumo con excedentes non acollida a compensación situada sobre un inmoble titularidade da segunda sociedade mencionada, no concello de Chantada (Lugo), que fitura, así mesmo, como consumidora da enerxía producida.

Cuarto. A planta solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia nominal de 396 kW, de acordo co informe do xestor da dita rede do 21 de maio de 2020.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 2 do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, estrutura a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en diversos órganos superiores e de dirección.

Segundo. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 20 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que atribúe á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da Vicepresidencia Segunda e Consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Terceiro. O artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que para a posta en funcionamento de novas instalacións de transporte, distribución, produción e liñas directas previstas na mencionada lei ou modificación das existentes requirirá de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e autorización de explotación, que terán carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Cuarto. De acordo co Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á Dirección Xeral competente en materia de enerxía a competencia para outorgar a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción desta instalación.

Quinto. A instalación solar fotovoltaica de autoconsumo non precisa someterse a trámite de avaliación ambiental ao non atoparse prevista nos supostos recollidos na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Sexto. Segundo o recollido no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, así como na súa disposición transitoria cuarta, a instalación solar fotovoltaica de autoconsumo está exenta do trámite de información pública.

Sétimo. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, no Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproban o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas instrucións complementarias, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, na Instrución 2/2021, do 4 de marzo, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sobre a tramitación administrativa e os requisitos técnicos aplicables ás instalacións de xeración asociadas ás modalidades de autoconsumo, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa á sociedade Kishoa, S.L. (B87074118) para unha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes non acollida a compensación, situada sobre a cuberta dun inmoble pertencente a Customdrinks, S.L.U., no concello de Chantada (Lugo), segundo o correspondente proxecto.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción para unha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo con excedentes non acollida a compensación promovida no concello de Chantada (Lugo), segundo o proxecto de execución denominado «Instalación solar fotovoltaica de autoconsumo de 409,40 kWp-Customdrinks, S.L.U.» asinado polo enxeñeiro industrial Juan Ramón Eyras Daguerre, colexiado nº 10.716 do ICOIIM.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

– Solicitante: Kishoa, S.L.

– Potencia instalada: 300 kW (de acordo co artigo 3 do Real decreto 413/2014, do 6 de xuño).

– Situación: polígono industrial Os Acivros, parcela C-1, 27500 Chantada (Lugo).

Características técnicas da instalación solar fotovoltaica:

– 920 módulos solares fotovoltaicos de 445 Wp por unidade, marca Longi, modelo LR4-72HPH 445M (potencia pico 409,40 kWp).

– 5 inversores Huawei SUN2000-60KTL-M0 de 60 kW por unidade (potencia nominal 300 kW).

– Conexión á rede interior do consumidor compartindo infraestruturas de conexión á rede de distribución.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

1. A instalación terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran nos proxectos de execución referidos no punto segundo da parte dispositiva desta resolución.

2. Deberá cumprirse, en todo momento, canto establece o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproban o Regulamento electrotécnico para baixa tensión, e as súas instrucións complementarias, así como a demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

3. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

4. Unha vez construídas as instalacións, o titular presentará unha solicitude de autorización de explotación de acordo co establecido no artigo 53.c) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 132.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, perante a Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, co fin de que esta efectúe a inspección da totalidade das obras e montaxes efectuadas e verifique o cumprimento dos compromisos contraídos por Kishoa, S.L. e dos condicionados impostos nesta resolución para o cal deberá achegar a documentación requirida na ITC-RAT 22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. Logo de obter a autorización de explotación mencionada no parágrafo anterior, o promotor deberá solicitar a inscrición da instalación solar fotovoltaica no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co recollido nos artigos 39 e 40 do Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos.

6. O prazo para a posta en servizo das instalacións será de tres meses contados a partir da data de notificación da obtención do último permiso necesario para executar a instalación. Se transcorrido o dito prazo aquela non tivo lugar, producirase a caducidade destas autorizacións.

7. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

8. Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais