Primeiro. De acordo co disposto nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, DOG nº 29, do 12 de febreiro; BOE núm. 50, do 27 de febreiro), a Universidade aprobará anualmente a súa oferta de emprego público.
Segundo. A oferta xeral correspondente ao persoal docente e investigador e ao persoal de administración e servizos configurouse de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, así como no artigo 36 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, e foi autorizada polo Ministerio de Facenda e Función Pública mediante a Resolución do 5 de maio de 2022.
Terceiro. De conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e coa resolución da Secretaría de Estado de Función Pública sobre as orientacións para a posta en marcha dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, identificáronse as prazas susceptibles de estabilización ordinaria e aquelas que, segundo as disposicións adicionais sexta e oitava da lei, deben ser obxecto, con carácter excepcional e por unha única vez, dun proceso de estabilización polo sistema de concurso.
Cuarto. De conformidade co anterior, esta oferta recolle catro anexos coa relación de prazas que xeraron ese dereito de estabilización e que afectan os tres colectivos que compoñen o persoal da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, os anexos mencionados inclúen o persoal indefinido non fixo declarado por sentenza que na entrada en vigor da lei non tivese convocado o proceso de selección da praza que ocupa, e engádese na relación de estabilización correspondente, segundo cumpran o criterio para a estabilización ordinaria prevista no artigo 2 da Lei 20/2021 ou na estabilización extraordinaria, se cumpren os criterios das disposicións adicionais sexta e oitava, en función do colectivo a que pertenzan.
Quinto. Por último, esta oferta incorpora unha promoción interna independente do persoal de administración e servizos en aplicación da reserva legal e convencional correspondente, tendo en conta as ofertas xeral e de estabilización.
Sexto. A oferta foi negociada e acordada coas organizacións sindicais con dereito a voto presentes na Mesa Xeral de Negociación o 18 de maio de 2022 e ratificada pola Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos o 20 de maio de 2022.
Sétimo. O Consello de Goberno, na súa sesión do 25 de maio de 2022, aprobou a oferta na súa totalidade e, así mesmo, dispón da preceptiva autorización emitida pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.
Oitavo. A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, establece na súa disposición adicional sétima a extensión do ámbito de aplicación dos procesos de estabilización nos seguintes termos: “Os preceptos contidos nesta norma relativos aos procesos de estabilización serán de aplicación ás sociedades mercantís públicas, entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios do sector público, sen prexuízo da adecuación, de ser o caso, á súa normativa específica”.
Noveno. O Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) son consorcios adscritos á Universidade de Santiago de Compostela que, en virtude do punto anterior, identificaron as prazas susceptibles de estabilización extraordinaria ao abeiro das disposicións adicionais sexta e oitaba da Lei 20/2021, do 28 de decembro. Ambos os dous acordaron, nos respectivos órganos de goberno, a aprobación das ofertas de estabilización extraordinaria e deron traslado á universidade.
Décimo. Na condición de presidente das dúas entidades, inclúense dous anexos finais coas ofertas destas entidades para os efectos da súa publicidade.
En vista do anterior e en virtude das competencias que me outorgan os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,
RESOLVO:
Primeiro. Publicidade das ofertas de emprego público
Publicar a oferta de emprego público da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2022, así como as ofertas das entidades dependentes CISUG e Citmaga.
Segundo. Determinación da oferta de emprego público
O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos no ámbito do persoal docente e investigador, con asignación orzamentaria, que deben proverse con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista no 2022, polos sistemas de acceso libre e promoción interna. De conformidade co artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, prevese a reserva nas categorías oportunas para a estabilización de investigadores que obtivesen o certificado I3 no marco do programa Ramón y Cajal e doutros programas de excelencia nacionais e internacionais.
O anexo II recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos no ámbito do persoal de administración e servizos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2022.
O anexo III desta oferta inclúe as prazas de persoal docente e investigador que cumpren os requisitos das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021.
O anexo IV recolle as prazas dotadas orzamentariamente, no ámbito do persoal de administración e servizos, que estiveron ocupadas ininterrompidamente nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020 e, de conformidade co artigo 2 da Lei 20/2021, as prazas de estabilizacións correspondentes aos anos anteriores que resultaron desertas nos procesos convocados, así como as prazas procedentes de sentenzas declarativas da condición de indefinido non fixo posteriores ao 1 de xaneiro de 2016.
O anexo V desta oferta inclúe prazas no ámbito do persoal de administración e servizos que cumpren os criterios previstos nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, incluído o persoal indefinido non fixo que corresponda.
O anexo VI desta oferta inclúe prazas no ámbito do persoal empregado investigador que cumpren os criterios previstos nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, incluído o persoal indefinido non fixo declarado con posterioridade á entrada en vigor desta lei.
O anexo VII recolle unha promoción interna independente dirixida ao persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela.
O anexo VIII dá publicidade á oferta de emprego público do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) correspondente á estabilización extraordinaria de acordo coas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro.
O anexo IX dá publicidade á oferta de emprego público do Centro de Investigacións e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) correspondente á estabilización extraordinaria de acordo coas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Terceiro. Reserva de prazas para discapacidade
1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no punto 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.
2. Para dar cumprimento ao establecido no punto anterior, a reserva dun 5 por cento correspondente á oferta xeral do anexo I realizarase nas convocatorias que se publiquen en execución da oferta aprobada. Así mesmo, nos anexos II e VII resérvanse as prazas correspondentes para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade.
3. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de conformidade co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.
4. Nas probas selectivas, incluídos os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.
5. No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se tivese presentado pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota, e a súa puntuación fose superior á obtida polas outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.
6. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que quedasen desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.
Cuarto. Promoción interna separada do persoal de administración e servizos
De conformidade co artigo 43 dos estatutos da USC, esta oferta establece no anexo VII un plan de promoción interna para o persoal laboral e funcionario cuxo número de prazas responde á reserva prevista nos instrumentos convencionais correspondentes para o persoal laboral e á prevista na Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.
O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.
Neste sentido, a promoción interna é unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten por obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos e que constitúe unha vía para a adquisición de competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores.
Disposición adicional única. Acumulación de prazas correspondentes a ofertas de anos anteriores
No ámbito do persoal de administración e servizos poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e ás escalas de persoal funcionario da Universidade de Santiago de Compostela e ás categorías de persoal laboral relacionadas no anexo da presente oferta xunto coas derivadas das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2019, 2020 e 2021 que estean pendentes de convocar.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Oferta xeral de prazas de persoal docente e investigador
1. Sistema de acceso libre
1.1. Persoal docente e investigador contratado
Categoría |
Número de prazas |
Profesorado contratado doutor |
50 (*) |
(*) Seis destas prazas resérvanse para a estabilización de investigadores que obtivesen o certificado I3 no marco do programa Ramón y Cajal e doutros programas de excelencia nacionais e internacionais |
1.2. Persoal docente e investigador de corpos docentes universitarios
Corpo docente |
Número de prazas |
Profesorado titular de universidade |
50 (*) |
(*) Nove destas prazas resérvanse para a estabilización de investigadores que obtivesen o certificado I3 no marco do programa Ramón y Cajal e doutros programas de excelencia nacionais e internacionais |
2. Sistema de acceso por promoción interna
Corpo docente |
Número de prazas |
Catedrático/a de universidade |
50 |
ANEXO II
Oferta xeral de prazas de persoal de administración e servizos
Código da praza |
Subgrupo/grupo |
Escala/categoría |
Acceso libre |
Total |
|
Reserva de persoas con discapacidade |
Libre |
||||
PL000258 |
III |
Técnico especialista TIC |
- |
1 |
1 |
PL000416 |
III |
Técnico de investigación |
1 |
- |
1 |
PL000334 |
III |
Técnico especialista en medios audiovisuais |
- |
1 |
1 |
Total |
1 |
2 |
3 |
ANEXO III
Oferta de estabilización ordinaria de prazas de persoal de administración e
servizos
Código da praza |
Subgrupo/grupo |
Escala/categoría |
Total |
PL001499 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001500 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001501 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001502 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001504 |
III |
Técnico especialista de investigación |
1 |
PL000296 |
III |
Técnico especialista de investigación |
1 |
Total |
6 |
ANEXO IV
Oferta de estabilización extraordinaria de prazas de persoal docente e investigador
Código da praza |
Categoría |
Total |
VXNP0125 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0212 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0082 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0160 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0088 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0230 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0210 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0204 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0318 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0085 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0213 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0301 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
VXNP0196 |
Profesor/a laboral fixo asimilado a colaborador |
1 |
Total |
13 |
ANEXO V
Oferta de estabilización extraordinaria de prazas de persoal de administración e servizos
Código da praza |
Subgrupo/grupo |
Escala/categoría |
Total |
PF000306 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000318 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000340 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000359 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000361 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000375 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000487 |
C1 |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos |
1 |
PF000580 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000615 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000636 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000704 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000705 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000708 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PF000902 |
A1 |
Escala técnica superior de administración |
1 |
PF000903 |
A1 |
Escala técnica superior de administración |
1 |
PF000904 |
A1 |
Escala técnica superior de administración |
1 |
PF000905 |
A1 |
Escala técnica superior de administración |
1 |
PF000907 |
A1 |
Escala técnica superior de administración |
1 |
PF000969 |
A2 |
Escala de xestión da USC |
1 |
PF000973 |
C2 |
Escala auxiliar |
1 |
PL000092 |
I |
Técnico/a superior de información |
1 |
PL000195 |
II |
Técnico/a xestor TIC |
1 |
PL000197 |
II |
Técnico/a xestor TIC |
1 |
PL000211 |
II |
Mestre/a, especialidade de educación infantil |
1 |
PL000279 |
III |
Técnico/a especialista TIC |
1 |
PL000336 |
III |
Técnico/a especialista de escola infantil |
1 |
PL000339 |
III |
Técnico/a especialista de escola infantil |
1 |
PL000481 |
IV.1 |
Especialista de oficios |
1 |
PL000482 |
IV.1 |
Especialista de oficios |
1 |
PL000691 |
IV.1 |
Especialista de imprenta |
1 |
PL000702 |
IV.1 |
Especialista de oficios |
1 |
PL000713 |
IV.1 |
Especialista de oficios |
1 |
PL000745 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000784 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000833 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000896 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000901 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000913 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000914 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000936 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000960 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000975 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL000982 |
IV.1 |
Auxiliar técnico/a de servizos |
1 |
PL001051 |
IV.2 |
Vixiante |
1 |
PL001144 |
I |
Técnico/a superior de linguas modernas (francés) |
1 |
PL001234 |
III |
Técnico/a especialista de escola infantil |
1 |
PL001252 |
II |
Técnico/a de prevención de riscos laborais |
1 |
PL001299 |
II |
Arquitecto/a técnico |
1 |
PL001354 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001355 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001356 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001357 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001358 |
III |
Técnico/a especialista de investigación |
1 |
PL001359 |
III |
Técnico/a especialista de investigación |
1 |
PL001418 |
II |
Arquitecto/a técnico |
1 |
PL001422 |
I |
Técnico/a superior de xestión |
1 |
PL001423 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001425 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001426 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001427 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001428 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001429 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001430 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001431 |
I |
Técnico/a superior de xestión |
1 |
PL001434 |
III |
Técnico/a especialista de investigación |
1 |
PL001436 |
III |
Técnico/a especialista de investigación |
1 |
PL001460 |
I |
Técnico/a superior de linguas modernas (alemán e español para estranxeiros) |
1 |
PL001485 |
III |
Técnico/a especialista de investigación |
1 |
PL001487 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001488 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001503 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |
PL001505 |
II |
Técnico/a de grao medio da área de investigación |
1 |
Total |
72 |
ANEXO VI
Oferta de estabilización extraordinaria de prazas de persoal empregado investigador
Código |
Dedicación |
Categoría |
Total |
PEI0001 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0002 |
TP (50%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0003 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0004 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0005 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0006 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0007 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0008 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0009 |
TC |
Investigador/a colaborador/a |
1 |
PEI0010 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0011 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0012 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0013 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0014 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0015 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0016 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0017 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0018 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0019 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0020 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0021 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0022 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0023 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0024 |
TP (50%) |
Auxiliar administrativo laboral (IV.1) |
1 |
PEI0025 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0026 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0027 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0028 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0029 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0030 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0031 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0032 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0033 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0034 |
TC |
Auxiliar administrativo laboral (IV.1) |
1 |
PEI0035 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0036 |
TC |
Técnico/a de grao medio de investigación (II.2) |
1 |
PEI0037 |
TC |
Técnico/a de grao medio de investigación (II.2) |
1 |
PEI0038 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0039 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0040 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0041 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0042 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0043 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0044 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0045 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0046 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0047 |
TC |
Investigador/a colaborador/a |
1 |
PEI0048 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0049 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0050 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0051 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0052 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0053 |
TC |
Auxiliar administrativo laboral (IV.1) |
1 |
PEI0054 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0055 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0056 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0057 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0058 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0059 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0060 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0061 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0062 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0063 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0064 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0065 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0066 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0067 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0068 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0069 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0070 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0071 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0072 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0073 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0074 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0075 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0076 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0077 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0078 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0079 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0080 |
TC |
Auxiliar administrativo laboral (IV.1) |
1 |
PEI0081 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0082 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0083 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0084 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0085 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0086 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0087 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0088 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0089 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0090 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0091 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0092 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0093 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0094 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0095 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0096 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0097 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0098 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0099 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0100 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0101 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0102 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0103 |
TC |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0104 |
TP (75%) |
Técnico/a superior de investigación (I.2) |
1 |
PEI0105 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0106 |
TP (50%) |
Investigador/a colaborador/a |
1 |
PEI0107 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0108 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0109 |
TC |
Auxiliar administrativo laboral (IV.1) |
1 |
PEI0110 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0111 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0112 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0113 |
TC |
Técnico/a superior de xestión (I.2) |
1 |
PEI0114 |
TC |
Investigador/a asociado/a |
1 |
PEI0115 |
TC |
Técnico/a especialista de investigación (III.1) |
1 |
PEI0116 |
TC |
Investigador/a colaborador/a |
1 |
Total |
116 |
ANEXO VII
Promoción interna separada do persoal de administración e servizos
Subgrupo/grupo |
Escala/categoría |
Reserva persoas con discapacidade |
Xeral |
Total |
A1 |
Escala técnica superior de administración |
- |
5 |
5 |
A2 |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; esp. de bibliotecas |
1 |
4 |
5 |
I |
Técnico superior de xestión |
- |
5 |
5 |
II |
Técnico de grao medio e-learning |
- |
1 |
1 |
II |
Técnico de grao medio de investigación |
1 |
4 |
5 |
III |
Técnico de servizos xerais |
1 |
18 |
19 |
Total |
3 |
37 |
40 |
ANEXO VIII
Oferta de estabilización extraordinaria do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)
Grupo |
Categoría |
Total |
II |
Técnico/a superior diplomado/a en informática |
1 |
II |
Xestor/a de documentación |
1 |
ANEXO IX
Oferta de estabilización extraordinaria do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática (Citmaga)
Grupo |
Categoría |
Total |
I |
Técnico/a superior de xestión |
3 |
I |
Técnico/a superior de investigación |
1 |