O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Vilaxoán, 20 de maio de 2022
Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2022
Convenio |
Importe |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a Autoridade Portuaria da Coruña e Repsol Petróleo, S.A. para a protección do medio mariño nas augas portuarias. |
24.000 € |
8.4.2022 |