Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31836

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ames para a programación na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

26.421,40

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Rúa para a programación no Centro Cultural Avenida (A Rúa), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

1.620

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Noia para a programación no Teatro Coliseo Noela (Noia), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

5.952,25

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cedeira para a programación no Auditorio Municipal (Cedeira), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

12.482,26

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello do Barco de Valdeorras para a programación no Teatro Municipal Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

8.797

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Carballo para a programación no Pazo da Cultura (Carballo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

29.622,60

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cambados para a programación no Auditorio Municipal da Xuventude (Cambados), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

5.675

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Monforte de Lemos para a programación no Edificio Multiusos (Monforte de Lemos), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

9.800,75

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Betanzos para a programación na Aula Municipal de Cultura (Betanzos), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

5.656

4.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ortigueira para a programación no Teatro da Beneficencia (Ortigueira), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

7.276,20

5.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ribadeo para a programación no Auditorio Municipal Hernán Naval (Ribadeo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

15.839,20

5.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cangas para a programación na Auditorio Municipal (Cangas), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

10.822,75

5.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a programación no Auditorio Municipal (Vilagarcía de Arousa), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

8.959

5.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cee para a programación no Auditorio Casa da Cultura (Cee), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

5.756,40

7.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Lugo para a programación no Auditorio Gustavo Freire (Lugo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

28.611,22

7.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Muros para a programación no Centro Cultural Xuvenil (Muros), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

11.933,55

10.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Arteixo para a programación no Centro Cívico Cultural (Arteixo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

16.203,70

10.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Deputación Provincial de Ourense para a programación no Teatro Principal (Ourense), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

15.099,40

10.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Burela para a programación na Casa da Cultura (Burela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

7.484,40

10.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Auditorio de Galicia para a programación no Teatro Principal (Santiago de Compostela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

30.736,16

11.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Foz para a programación na Sala Bahía (Foz), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

9.063,60

11.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Oleiros para a programación no Auditorio Gabriel García Márquez (Oleiros), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

13.053,50

11.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Sada para a programación na Casa da Cultura Pintor Llorens (Sada), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

10.837

12.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Estrada para a programación no Teatro Principal (A Estrada), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

11.496,50

12.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vigo para a programación no Auditorio municipal (Vigo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

25.465,80

14.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Redondela para a programación no Multiusos da Xunqueira (Redondela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

8.511,50

14.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vimianzo para a programación no Auditorio-Casa da Cultura (Vimianzo), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

12.702,18

14.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Boiro para a programación na Casa da Cultura Ramón Martínez López (Boiro), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

7.899,75

14.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello do Carballiño para a programación no Auditorio Municipal Manuel María (O Carballiño), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

5.366,50

18.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Tui para a programación no Teatro Municipal (Tui), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

7.345,30

18.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Forum Metropolitano (A Coruña), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

16.185,60

18.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

32.201

18.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Tomiño para a programación no Auditorio de Tomiño (Tomiño), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

12.000

19.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a programación no Auditorio Municipal Cine Alovi (As Pontes de García Rodríguez), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

5.490

19.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Padroado da cultura do Concello de Narón para a programación no Auditorio Municipal e Pazo da Cultura (Narón), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

60.000

20.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Pontevedra para a programación no Pazo da Cultura (Pontevedra), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

20.839,30

27.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Gondomar para a programación no Auditorio municipal Lois Tobío (Gondomar), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

9.052,30

31.1.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Lalín para a programación no Salón Teatro (Lalín), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

12.000

2.2.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Viveiro para a programación no Teatro Pastor Díaz (Viveiro), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

10.409

3.2.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ferrol para a programación no Teatro Jofre (Ferrol), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no primeiro semestre de 2022.

18.113,60

4.2.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza para o desenvolvemento de accións de profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia no ano 2022.

18.000

8.3.2022

Convenio entre a Fundación Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e a Axencia Galega das Industrias Culturais para a colaboración como comunidade autónoma invitada na 45º edición do Festival de Almagro.

Sen achega económica

23.3.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Club Cultural Valle-Inclán, a Asociación Cultural Cineclub Padre Feijoo, a Asociación Cine Club Pontevedra e o Cine Club Lumiére Vigo para a colaboración na difusión de produción audiovisual nas cidades de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo en 2022.

Sen achega económica

29.3.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Cultural Colectivo RPM para o desenvolvemento do programa para a danza e as artes vivas Residencias Paraíso en 2022.

25.000

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación de Cineclubs de Galicia para a colaboración na programación cinematográfica dos cineclubs galegos en 2022.

30.000

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación Xoc Agrupacións de Danza e Música Tradicional Galega para a realización do programa de baile e música tradicional Danza 3 Xacobeo 21.22 en 2022.

58.000

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento da XX edición dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo 2022.

65.000

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) para a realización conxunta de actividades relacionadas coa programación de espectáculos no mercado de artes escénicas Galicia Escena Pro 2022.

50.000

12.4.2022