Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante resolución da Alcaldía aprobouse a seguinte oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal conforme as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

A) Disposición adicional sexta da Lei 20/2021:

Grupo de

clasificación

Denominación

Situación actual

Sistema de

acceso

Vacantes

IV

Auxiliar administrativo

Ocupada

Concurso

1

I

Axente de emprego e desenvolvemento local

Ocupada

Concurso

1

I

Educadora de familia

Ocupada

Concurso

1

V

Limpador/a

Ocupada

Concurso

1

III

Condutor-encargado servizos múltiples

Ocupada

Concurso

1

IV

Condutor-operario tractorista forestal

Ocupada

Concurso

1

IV

Condutor-operario servizos múltiples

Ocupada

Concurso

1

IV

Auxiliar SAF

Ocupadas

Concurso

4

II

Mestre de música

Ocupadas a tempo parcial

Concurso

2

B) Artigo 2 da Lei 20/2021:

Grupo de

clasificación

Denominación

Situación actual

Sistema de acceso

Vacantes

II

Traballador/a social

Ocupada

Concurso-oposición

1

V

Limpador/a

Ocupada

Concurso-oposición

2

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

A Veiga, 20 de maio de 2022

Juan Anta Rodríguez
Alcalde