Mediante Resolución da Alcaldía deste concello do 20 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que comprende as seguintes prazas:
1. Persoal funcionario:
Denominación |
Grupo |
Número |
Escala |
Subescala |
Sistema de acceso |
Auxiliar administrativo/a |
C2 |
1 |
Admón. xeral |
Auxiliar |
Concurso |
2. Persoal laboral:
Denominación |
Grupo |
Número |
Sistema de acceso |
Axente emprego |
I |
1 |
Concurso |
Psicólogo/a |
I |
1 |
Concurso |
Traballador/a social |
II |
1 |
Concurso |
Auxiliar servizo atención (PAI) |
IV |
1 |
Concurso |
Auxiliar de axuda a domicilio |
IV |
4 |
Concurso |
Oficial de mantemento |
IV |
2 |
Concurso |
Persoal mantemento |
V |
1 |
Concurso |
Operario/a |
V |
1 |
Concurso |
Limpador/a |
V |
3 |
Concurso |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Vilariño de Conso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.
Vilariño de Conso, 20 de maio de 2022
Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa