Mediante a Resolución da Alcaldía número 567/2022, do 18 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Vimianzo para o 2022 (expediente TEDeC 2022/E001/000005), que queda configurada polas seguintes prazas:
1. Oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal (Lei 20/2021):
Persoal laboral (sistema de acceso por concurso):
Denominación |
Vacantes |
Grupo |
Xornada |
Operario/a de limpeza |
1 |
E |
Completa |
Auxiliar electricista |
2 |
C2 |
Completa |
Peón de limpeza viaria/xardíns |
2 |
E |
Completa |
Operario/a PC-coordinador SE |
1 |
C2 |
Completa |
Operario/a PC e emerxencias |
1 |
E |
Completa |
Animador/a deportivo/a |
1 |
A2 |
completa |
Auxiliar de cultura |
1 |
C2 |
Completa |
Tractorista |
1 |
E |
Completa |
Coordinador/a escolas deportivas |
1 |
A2 |
56,25 % |
Persoal funcionario (sistema de acceso por concurso):
Denominación |
Escala |
Subesc |
Grupo |
Subgr. |
Codigo |
Núm |
Técnico/a urbanismo |
Especial |
Técnica |
A |
A2 |
AUF-02 |
1 |
Oficial albanelaría |
Especial |
Servizos especiais |
E |
ALB-03, ALB-04, ALB-05, ALB-06 |
4 |
|
Operarios/as SM |
Especial |
Servizos especiais |
E |
OSM-01, OSM-02 |
2 |
2. Oferta de emprego público ordinaria:
Persoal funcionario:
Denominación |
Escala |
Subesc |
Grupo |
Subgr. |
Codigo |
Núm |
Sistema acceso |
Auxiliar administrativo/a |
Xeral |
Auxiliar |
C |
C2 |
XUA-05 |
1 |
Concurso-oposición |
Administrativo/a |
Xeral |
Administrativa |
C |
C1 |
ECA-03 |
1 |
Concurso-oposicion (promoción interna) |
Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
O que se fai público para xeral coñecemento, advertíndolles ás persoas interesadas que contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poden interpor, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante a alcaldesa, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Vimianzo, 19 de maio de 2022
Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa