A representación da titularidade do CPR Paso a Paso, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Vila Verde nº 25 baixo á rúa Montero Ríos nº 86 baixo de Lugo, e a autorización do ciclo formativo de grao superior (CS) Promoción da igualdade de xénero.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Vila Verde nº 25 á rúa Montero Ríos nº 86 baixo, e a autorización do CS Promoción da igualdade de xénero, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Paso a Paso Formación.
Código: 27020914.
Enderezo: r/ Montero Ríos, 86 baixo.
Localidade: Lugo.
Código postal: 27002.
Concello: Lugo.
Provincia: Lugo.
Titular: Paso a Paso Formación, S.L.
Réxime ordinario, modalidade presencial.
Composición resultante:
• CS Educación infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Integración social (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Promoción da igualdade de xénero (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade