Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31113

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de xaneiro a abril de 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresarial participantes no Diálogo Social en Galicia para o impulso do proceso e o desenvolvemento e seguimento dos acordos asinados, tramitado como anticipado de gasto.

30.3.2022

400.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade de Vigo para a realización do curso de Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais, tramitado como anticipado de gasto.

13.1.2022

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas de transversalidade de xénero nas políticas activas de emprego no ámbito da Economía Social. Plan de recuperación, transformación y resiliencia, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU.

18.2.2022

117.648,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) durante o ano 2022.

27.4.2022

18.800 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Foro pola Economía Social Galega para a visibilización e fomento da participación da economía social galega durante o ano 2022.

27.4.2022

60.000 €

Convenio para a creación e difusión de coñecemento sobre a economía social en Galicia, entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Xunta de Galicia), a Asociación Foro pola Economía Social Galega e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

21.2.2022

Sen contido económico

Protocolo xeral de colaboración entre a Universidade da Coruña (UDC) e a Consellería de Emprego e Igualdade.

17.1.2022

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade da Coruña para a realización dun proxecto de xeración de coñecemento sobre as necesidades de formación no mercado laboral, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

29.3.2022

55.776,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

27.4.2022

26.748 €