Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a unha interesada a cancelación da solicitude da autorización de aproveitamento Beatriz número 354, sita no concello de Sarreaus.

Mediante Resolución do 22.4.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, cancélase a solicitude da autorización de aproveitamento Beatriz número 354, sita no Concello de Sarreaus, da provincia de Ourense.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Administración Concursal de Áridos Limnar, S.L. para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A interesada, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na Rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 9 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense