Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN635C 2022/020-2).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 9 de maio de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

CIF/NIF interesado/a

Nª de expediente

Acto que se notifica

B27397231

IN635C 2022/020-2

Acordo de inicio de expediente sancionador