Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO de 10 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021430AE-PO e dous máis).

A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivo do procedemento sancionador 2021430AE-PO e dous máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, de 25 de outubro, nos que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante este anuncio notifícase aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de maio de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021430AE-PO

34951087B

Avda. Ángel Guimerá, 13, 5º G, 38003, Santa Cruz de Tenerife.

2021643AE-PO

45322529V

Beirarrúa da rúa Negrete, 55, 52003, Melilla.

2021857AE-PO

50243550G

Rúa Trompas, 6 G, 3º A, 28054, Madrid.