Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-67737 e un máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos de requirimento ditados nos procedementos que figuran no anexo, tramitados por esta xefatura territorial, no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que se puidese practicar por causas non imputables á Administración, emprázanse as persoas citadas no dito anexo ou as persoas que as representen debidamente acreditadas para proceder á notificación do referido acto. No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do órgano de valoración de Vigo, sito na rúa Numancia, nº 3, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de teren coñecemento do texto íntegro dos ditos actos administrativos e advertíndolles que, de non facelo así, teráselles por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para compareceren.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, practicada a notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, de non atender o requirimento, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 18 de abril de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

VI-67737

K5415735V

Requirimento para continuar a tramitación

14.3.2022

VI-81576

K3616298P

Requirimento para continuar a tramitación

14.3.2022