Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 6 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello do Carballiño, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 6 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2022/34-3), o cal foi publicado no DOG do 3 de maio de 2022, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o titular do predio que se relaciona no anexo para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

O interesado, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/34-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT regulamentación CNO807 nos apoios AX6IP097//16 e AX88C389//17.

Termo municipal: O Carballiño.

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32020A05500957.

Lugar: Estibadas.

Cultivo: matogueira.

Titular: herdeiros de Isolina González Perea (descoñecidos).

Afección: ocupación de 1 m2 para o apoio núm. 9/17.