Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 6 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Ourense.

Mediante Acordo do 7 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/35-3), o cal foi publicado no DOG do 3 de maio de 2022, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/35-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentacion da LMTA SAC805 entre os apoios núm. B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-24.

Termo municipal: Ourense.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Cuqueira.

Cultivo: matogueira.

Titular: MVMC de Coto do Couto.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 21-16.

Predio núm. en proxecto: 2

Lugar: Cuqueira.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 21-17.

Predio núm. en proxecto: 3.

Lugar: Cuqueira.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 21-18.

Predio núm. en proxecto: 6.

Lugar: A Fonte

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 21-23.