Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30805

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2022.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro) publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2022

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre de 2022

Descrición

Área

Data da sinatura

Importe

Convenio entre a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e a entidade pública empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), para a execución da terminal de autobuses, o aparcadoiro de turismos e os elementos comúns da remodelación da estación ferroviaria na súa integración nunha área de intermodalidade de transporte de viaxeros na Coruña-San Cristovo

DXM

22.3.2022

43.204.804,88 €

Addenda segunda ao Convenio subscrito o 14 de marzo de 2019 entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

DXM

21.4.2022

0,00 €