Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29416

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual número 23 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Vilanova de Arousa, para a redelimitación do núcleo rural de Fonsín.

O Concello de Vilanova de Arousa remite a modificación puntual número 23 das NSP, en solicitude da súa aprobación definitiva, conforme o previsto no artigo 60.13 e 60.16 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e os artigos 144.13 e 144.16 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG).

Logo de examinar a documentación achegada, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Vilanova de Arousa conta cunhas normas subsidiarias de planeamento municipal (NSP) aprobadas o 14.3.1997, ao abeiro da Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia (BOP do 5.5.1997 e DOG do 28.5.1997).

2. O 23.4.2019, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental inicia o trámite de consultas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada (expediente nº 2019AAE2329).

II. Obxecto da modificación puntual.

O obxecto desta modificación puntual é redelimitar o núcleo existente para axustalo ás condicións de delimitación da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e para dar collida a distintas edificacións existentes.

III. Análise e consideracións.

A documentación achegada responde ao requirimento de integridade documental realizado por esta dirección xeral de ordenación do territorio e urbanismo con data do 11.1.2022. Así mesmo, respecto das cuestións sinaladas no informe emitido no período de consultas, púidose comprobar que se lles deu cumprimento.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual número 23 das normas subsidiarias de planeamento municipal de Vilanova de Arousa para a redelimitación do núcleo rural de Fonsín.

Segundo. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio esta modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Tercero. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

Cuarto. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da modificación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

Quinto. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo