Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente-e IN407A 2021/069-1).

Expediente-e: IN407A 2021/069-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMTS, CT, RBTS Camiño Martinete, nº 50.

Situación: concello da Coruña.

Feitos:

1. O día 9 de abril de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan os proxectos, que inclúen memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abranguen os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado recuamento LMTS, CT, RBTS Camiño Martinete, nº 50, asinado por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiado 4684 de Vigo, con declaración responsable do 9.3.2021.

• Modificado ao proxecto de execución denominado modificado 1 de recuamento LMTS, CT, RBTS Camiño Martinete, nº 50, asinado por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial, número de colexiada 2033 da Coruña, con declaración responsable do 18.11.2021.

• Segundo modificado ao proxecto de execución denominado modificado 1 de recuamento LMTS, CT, RBTS Camiño Martinete, nº 50, asinado por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial, número de colexiada 2033 da Coruña, con declaración responsable do 25.2.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello da Coruña e Nedgia.

Os informes foron favorables e UFD manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• Retirada do centro de transformación Martinete (15 CNP6), de tipo compacto manobra exterior de 250 kVA de potencia, situado en local da nave industrial que se demola.

• Novo centro de transformación con envolvente prefabricada de tipo compacto manobra exterior 2L+1P de 250 kVA, con relación de transformación 15.000/400 V.

• Retirada da liña de media tensión subterránea que alimenta o centro de transformación que se desmonta.

• Liña eléctrica subterránea de media tensión de 88 m de lonxitude en condutor de tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3×(1×240 Al), con orixe e final nos empalmes proxectados na liña GRN-709, entre o CT subterráneo Grela (15 SFCB) e a derivada ao CT Máximo Seoane (15 PBJ4), realizando entrada e saída no novo centro de transformación proxectado.

• Liña de media tensión subterránea de 425 m de lonxitude con orixe no paso aerosubterráneo en apoio de tipo HV 1600/15 (ADSCFJX0//1-A-A-CT), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 3×(1×240 Al), e final en empalmes en punto de acceso a rede diante do CT Camiño Martinete que se recúa.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña