Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2010/5-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de maio de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2010/5-1.
Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado.
Concello: Vimianzo.
Predio |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
189 |
Descoñecida |
490/2022 |
120,64 € |
214 |
Descoñecida |
492/2022 |
46,91 € |