Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica substitución dos apoios 9S5CJSDH e 9S5ES5LC na liña GON805-GON806, no concello de Nigrán, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/231-4).

A instalación substitución dos apoios 9S5CJSDH e 9S5ES5LC na liña GON805-GON806, no concello de Nigrán, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 31 de marzo de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 7 de xuño de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios; infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 25 de abril de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución dos apoios 9S5CJSDH e 9S5ES5LC na liña GON805-GON806.

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

6279717NG1667N0002WW

Priegue

Pilar e Manuel Blanco González

1

22,37

2

6279714NG1667N0001BQ

Priegue

Creación Foque, S.L.

1

64,08

3

54035A002001680000HQ

Alborés Grande

Antonio Castro González

2

1,69