Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 2 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio de reintegro dun expediente de axudas e subvencións do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10 días), contado desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Pontevedra en Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15 días), que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Pontevedra.

Pontevedra, 2 de maio de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de xestión: TR349R 2020/41-5.

NIF: B94203619.

Último enderezo coñecido: r/ Concepción Arenal, 105, 23, 36900 Marín (Pontevedra).

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

Norma reguladora: Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 27.1.a) da devandita Orde do 21 novembro de 2019.

Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.

Data do acordo: 22.3.2022.