Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Corempe, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de enderezo social), da entidade, Corempe, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 22 de febreiro de 2022, por unanimidade. O novo domicilio social da cooperativa é a rúa Médico Don José Mato, 9.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio enderezo social), Corempe, S. Coop. Galega.

Vigo, 20 abril de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra