Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28718

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, a través da Orde do 15 de febreiro de 2022, as axudas para a posta en marcha de casas niño (Diario Oficial de Galicia número 42, do 2 de marzo).

O artigo 10 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. No seu número 2 establécese que o prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria que deberá achegarse no momento de presentación da solicitude co anexo I ou ben no prazo previsto no artigo 4.2, xunto co anexo III, relativo á presentación de documentación non achegada coa solicitude.

Unha vez revisadas polo órgano encargado da instrución do procedemento as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10.3 da Orde do 15 de febreiro de 2022 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, coa indicación expresa de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo, tal e como se establece no artigo 18 da convocatoria, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación, o día 2 de maio de 2022, de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS403A, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Este acto coa relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desisten da súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS 403C concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.

Acto administrativo e data: requirimento de emenda de solicitudes do 2 de maio de 2022.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desisten da súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403C/2022-2

Nerea Vieira Alonso

***6799**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva en que se recollan a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto que, en todo caso, aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, ao descanso e á hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto.

BS403C/2022-3

Johanna López Colón

***3854**

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto.

Proposta de localización da casa niño para un núcleo dunha parroquia diferente do concello, ao existir no mesmo núcleo unha casa niño en funcionamento, e non estar suficientemente xustificada, por razóns de asentamento da poboación, a posta en marcha dun segundo centro no mesmo núcleo.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento, segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2022-4

Ana Pena Zapata

***5568**

Memoria descritiva en que se recollan a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto que, en todo caso, aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, ao descanso e á hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento, segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2022-5

Mª del Pilar de Valcárcel Sánchez

***1606**

Memoria descritiva en que se recollan a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto que, en todo caso, aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, ao descanso e á hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Documentación actualizada, acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionable.

BS403C/2022-6

Caixatitiripaca, Soc. Coop. Galega

***5568**

Xustificación de ter iniciado os trámites para a constitución da cooperativa.

Proposta pedagóxica básica asinada polas persoas que desenvolverán o proxecto.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento, segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2022-8

Ilda Mª Fernández Álvarez

***3095**

Memoria descritiva en que se recollan a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os menores de tres anos do propio concello e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Completar a proposta pedagóxica abordando os aspectos concretos recollidos no punto 11.d) da convocatoria desde a súa perspectiva educativa.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento, segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2022-9

Yaiza González Fariña

***9546**

Cubrir correctamente o anexo I na epígrafe relativa a “datos da casa niño”.

Memoria descritiva en que se recollan a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto que, en todo caso, aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, ao descanso e á hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento, segundo o establecido no anexo IV.

BS403C/2022-10

Eva Rodríguez Rodríguez

***8822**

Certificado expedido polo Concello sobre o número de nenos e nenas menores de 3 anos censados nas distintas parroquias que integran o concello.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos nenos e coas nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, elaborado pola persoa solicitante, que aborde as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

Documento de dispoñibilidade do local en que se indique a duración da cesión que, en todo caso, deberá cubrir todo o período subvencionable.

BS403C/2022-11

Andrea Mª Vázquez Rodríguez

***1107**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto.

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.

BS403C/2022-12

Sandra Rubio Capón

***3630**

BS403C/2022-13

Tamara Alonso Otero

***4130**