Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28725

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

A Consellería de Política Social convocou no ano 2022 axudas para a posta en marcha de casas do maior, a través da Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

O prazo e a forma de presentación de solicitudes está regulado no artigo 9 da mencionada Orde do 26 de xaneiro de 2022, e no artigo 10 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes para a posta en marcha de casas do maior (código de procedemento BS212A) presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o referido artigo 9 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 18 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación o 3 de maio de 2022 de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda, acto coa relación que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna a través da conta de correo subxmaioresdiscapacidade.politicasocial@xunta.gal

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

Fernando González Abeijón
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes procedemento

Procedemento: BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes.

Data: 3 de maio de 2022.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Número expediente

Solicitante

NIF

Emenda/s documentación requirida

BS212A/2022/1

A Cortiña, Soc. Coop. Galega

***8714**

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Anexo III asinado pola persoa que vai desenvolver o proxecto.

Acreditar representación da cooperativa.

BS212A/2022/2

A Cortiña, Soc. Coop. Galega

***8714**

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Acreditar representación da cooperativa.

BS212A/2022/3

Adrián Garrido Rodríguez

***3458**

Achegar a proposta metodolóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto nos termos previstos no artigo 10.1, letra e), da orde.

BS212A/2022/4

Amara Portabales Baños

***5872**

Completar e achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar debidamente asinada a proposta metodolóxica básica nun só documento, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e), da orde.

Completar a descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Completar a memoria descritiva coas fotografías de todas as estancias do inmoble.

BS212A/2022/5

Carmen Pintos Cancela

***6620**

Achegar copia da documentación acreditativa de estar en posesión de calquera das titulacións ou das formacións recollidas no artigo 4.1.a), ordinais 6º, 7º e 9º, ou declaración responsable de compromiso de realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior.

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde. Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberán delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.

BS212A/2022/6

Chanzo a Chanzo, Soc. Coop. Galega

***5843**

Adaptar e achegar memoria descritiva do inmoble coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10.1, letra g), da orde.

BS212A/2022/7

Débora Lais de Almeida Caetano

***4291**

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/8

Elena Cristina Visán

***3873**

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde. Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberán delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.

Achegar a proposta metodolóxica básica debidamente asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto.

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos tal como recolle o artigo 4.1, letra c), e artigo 10, letra f), da orde.

BS212A/2022/9

Fernando Méndez López

***7452**

Achegar copia da documentación acreditativa de estar en posesión de calquera das titulacións ou das formacións recollidas no artigo 4.1.a), ordinais 6º, 7º e 9º, ou declaración responsable de compromiso de realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior.

Completar e achegar a proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, tal como recolle o artigo 10, letra e), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

BS212A/2022/10

Laura Bello Suárez

***3526**

Completar e achegar a proposta metodolóxica, debidamente asinada, desenvolvendo correctamente os contidos enumerados no artigo 10.1, letra e), da orde.

Completar e achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

BS212A/2022/11

Luisa Fernández Gómez

***7814**

Aclaración dos orzamentos presentados.

BS212A/2022/12

María Milagros Souto Novoa

***3622**

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/13

María Teresa Mouta Nogueira

***5249**

Completar e achegar a proposta metodolóxica, debidamente asinada, desenvolvendo correctamente os contidos enumerados no artigo 10.1, letra e), da orde.

Completar e achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar anexo II debidamente cuberto e asinado. Orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS212A/2022/14

Mazariñas, Soc. Coop. Galega. Eva María Amado de la Fuente

***1920**

Completar e achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Completar memoria descritiva do inmoble coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas.

BS212A/2022/15

Mazariñas, Soc. Coop. Galega. Vanesa López Tajes

***0116**

Completar e achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Completar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/16

Mónica María Teixeira Proenza

***8548**

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

Achegar anexo II asinado. Orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS212A/2022/17

Monte Branco, Soc. Coop. Galega

***9171**

Completar e achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

BS212A/2022/18

Pablo Armesto Rodríguez

***7749**

Achegar copia da documentación acreditativa de estar en posesión de calquera das titulacións ou das formacións recollidas no artigo 4.1.a), ordinais 6º, 7º e 9º, ou declaración responsable de compromiso de realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior.

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/19

Paula Feijoo Primo

***1387**

Completar e achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Completar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

BS212A/2022/20

Roberto Domínguez Salgado

***9308**

Completar memoria descritiva do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/21

Silvia Somoza Montero

***8239**

Completar e achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, abordando os contidos mínimos aos que fai referencia o artigo 10.1, letra e), da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

Achegar anexo II debidamente cuberto e asinado. Orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS212A/2022/22

Sorema, Soc. Coop. Galega

***8701**

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, tal como recolle o a letra e) do artigo 10.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

Achegar anexo III asinado pola persoa que vai desenvolver o proxecto.

BS212A/2022/23

Vanessa Varela Acha

***0116**

Completar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

BS212A/2022/25

Yolanda Fernández Vázquez

***1158**

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10, letra e), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/26

Yolanda Formoso Rodríguez

***4506**

Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Completar e achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Completar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

BS212A/2022/27

Yolanda Losada Pérez

***6056**

Completar e achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d), da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e), da orde

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f), da orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 10, letra g), da orde.

Achegar anexo II. Orzamento desagregado dos gastos de investimento debidamente cuberto e asinado.