Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de San Amaro, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 30 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de San Amaro (expediente IN407A 2022/20-3), a cal foi publicada no DOG do 25 de abril de 2022, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 28 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/20-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA peche derivadas LMT ALB803 e LMT ALB804.

Termo municipal: San Amaro.

Predio núm. en proxecto: 3.

Lugar: Bosque.

Cultivo: monte alto.

Titular: José Luis Rodríguez (descoñecido).

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 6.

Predio núm. en proxecto: 4.

Lugar: Bosque.

Cultivo: monte alto.

Titular: herdeiros de Amador González Pérez (descoñecidos).

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 7.

Predio núm. en proxecto: 5.

Lugar: Bosque.

Cultivo: monte alto.

Titular: Carmen Fernández Pérez (descoñecido).

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 8.

Predio núm. en proxecto: 10.

Lugar: Monte Cruz.

Cultivo: monte alto.

Titular: herdeiros de Marina Rodríguez González (descoñecidos).

Afección: ocupación de 1/2 m2 para o apoio núm. 16.

Predio núm. en proxecto: 11.

Lugar: Monte Cruz.

Cultivo: monte alto.

Titular: herdeiros de José Rodríguez Armas (descoñecidos).

Afección: ocupación de 1/2 m2 para o apoio núm. 16.