Mediante o Acordo do 30 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2022/19-3), a cal foi publicada no DOG do 25 de abril de 2022; ao mesmo tempo notificouse aos particulares afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificado por comparecencia, pois non foi posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 28 de abril de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2022/19-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de interruptor TC no apoio núm. 44 da LMTA RUA804.
Termo municipal: Vilamartín de Valdeorras.
Predio núm. en proxecto: 1.
Lugar: Cemiterio.
Cultivo: monte alto.
Titular: herdeiros de Arturo Areas (descoñecidos).
Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 44.