Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAC803-van entre apoios número 41-6 e 41-7 (lugar Outariz), no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/143-3).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAC803-van entre apoios nº 41-6 e 41-7 (lugar Outariz), na Asociación Veciñal As Termas, situada na praza 200, núm. 2 baixo, no concello de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 26 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio
ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/143-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Termo municipal: Ourense.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA SAC803-van entre apoios nº 41-6 e 41-7 (lugar Outariz).

Titular

Enderezo

Data

Hora

1

Camilo González Prieto

Descoñecido

22.6.2022

12.30