Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Trabajadores y Autónomos del Mar (Agtamar).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Asociación Gallega de Trabajadores y Autónomos del Mar (Agtamar), acordada pola asemblea xeral do 2 de marzo de 2022, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é rúa A Baldosa, nº 1, 4º C, no concello de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social