Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 27 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0001-4 e cinco máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e no prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0001-4.

Acta: I362021000048911.

Empresa: Iluminaciones Electro-Sil, S.L.

Enderezo: lugar Randufe Abelleira, 23, Tui.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 35.1 e 35.2 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, e o artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigos 7.5, 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 7.4.2022.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2022/0016-4.

Acta: I362021000069523.

Empresa: Miguel Ángel Figueroa Pérez.

Enderezo: rúa Canteiros, 158-baixo, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 8.4.2022.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2022/0018-4.

Acta: I362021000055577.

Empresa: Sueito, S.C.

Enderezo: rúa Vía Norte N 17 A, of. 3, escaleira 4, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2, 39.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 7.4.2022.

Resolución: multa de 1.250 €.

Expediente: RL 2022/0029-4.

Acta: I362021000066994.

Empresa: Asociación de Habla Inglesa de Pontevedra.

Enderezo: rúa Echegaray, 16, 5º, Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 11.4.2022.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2022/0071-4.

Acta: I362021000041130.

Empresa: Tek Mayoristas, S.L.

Enderezo: Velázquez Moreno, 29-31, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 15.1.b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 11.4.2022.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2022/0103-4.

Acta: I362021000072250.

Empresa: Cerqueira & Munín Asociados, S.L.

Enderezo: rúa Victoriano Pérez Vidal, 46-baixo, Esfarrapada (capital) Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f), 26, 29 e 30 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1, 39.6 e 40.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 12.4.2022

Resolución: multa de 6.251 €.

Vigo, 27 de abril de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra