Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 27 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento indicado no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificadas (logo de obteren cita chamando ao número de teléfono 981 54 65 06) no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2022

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

María del Carmen Aira Pérez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII convenio colectivo)

María Luz Sánchez Calo

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII convenio colectivo)

Águeda Tobío Rey

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII convenio colectivo)